A Volta dos Pinchos
A Volta dos Pinchos

2.ª edición · Mos 2026

Mos, bar a bar

Do 9 ao 31outubroDe xovesa sábadoPincho2 €

As túas paradas

14 locais por todo Mos. Toca unha parada para ver o pincho, o horario e como chegar.

SAÍDA
    Chega á meta!

    Como funciona

    1. Colle o tapaporte e pide o pincho

      Tes tapaportes en todos os locais participantes. O pincho da ruta custa 2 €.

    2. Selan o teu tapaporte

      Un selo por cada pincho. Os 4 selos teñen que ser de 4 locais distintos.

    3. Á urna

      Co tapaporte completo, escribe o teu nome e teléfono e bótao na urna de calquera local.

    4. Entras no sorteo final

      Un karting, vales de gasolina e vales para gastar nos bares da ruta.

    E con cada pincho, a cesta

    En cada bar hai unha cesta con papeletas. Saca unha e lévaste o que diga: un chaveiro, un boli, un chisqueiro… ou segue xogando.

    Esta é de proba. A de verdade sácala no bar.

    Os grandes premios

    Sorteo final entre todos os tapaportes completos.

    ×1
    Unha tarde de kartingPara o gañador e tres acompañantes.
    ×6
    Vales de gasolina de 50 €Para usar nas gasolineiras de Mos.
    ×6
    Vales regalo de 50 €Para gastar no local participante que ti elixas.

    A data do sorteo anunciarase nas redes de Baresmos. Síguenos en Instagram.

    E para os hostaleirosCata e visita a unha adega das Rías Baixas para os locais participantes, ao rematar a ruta.

    Se bebes, non conduzas.

    Boa ruta, volta segura.

    A ruta faise en coche, así que antes de saír decidide quen conduce. O pincho vai igual de ben cun refresco ou cunha auga.

    2 €